resucitando?
esperto noutro cuarto.
abro os ollos.
non vexo nada aínda.
todo mudou.
(sen ideas aínda. renovando o vestiario, prescindindo de roupas vellas. espida, completamente espida)
esperto noutro cuarto.
abro os ollos.
non vexo nada aínda.
todo mudou.
(sen ideas aínda. renovando o vestiario, prescindindo de roupas vellas. espida, completamente espida)
cavilado por
lúa
ás
6:26 PM
1 comentarios
vínculos a esta entrada

dende hai xa tempo que non teñen sentido estas tolerías.
o tempo vai pasando irremediablemente e non deixa espacio para as verbas.
pode ser que a evolución persoal deixara atrás á forma.
de todos os xeitos é moi posible que todo fose mentira.
é verdade que foi mentira.
o primeiro impulso é borralo todo. desfacerse da personalidade virtual.
o segundo é despedirse mostrando todo. espirse definitivamente.
mais non hai despedida, nin hai morte súbita.
por se algunha vez chega a ser mentira que foi verdade.
vou para o monte. onde ninguén me ve, onde ninguén me escoita, onde de verdade podo ser libre.
a tola do monte non existe, foi só unha invención.
cavilado por
lúa
ás
8:08 AM
10
comentarios
vínculos a esta entrada
saíron como resposta ao manifesto por unha língua común outros tres manifestos. o manifesto de federación de asociacións de escritores "galeusca", ao que se pode unir calquera. o manifesto a favor do plurilingüismo. e o da mesa pola normalización lingüística, ao que tamén se pode adherir o que queira.
non podo facer outra cousa que subscribir os tres manifestos.
cavilado por
lúa
ás
1:09 PM
0
comentarios
vínculos a esta entrada
para deixar o tema poño aquí o que leo en brétemas.
bragado no faro de vigo.
post de escolar.
josep ramoneda en el país.
cavilado por
lúa
ás
11:15 AM
1 comentarios
vínculos a esta entrada
cavilado por
lúa
ás
11:40 AM
1 comentarios
vínculos a esta entrada
hai cousas deste manifesto coas que podería estar dacordo, e outras non.
o español goza dunha puxanza envidiable... isto é correcto e síntome feliz por este feito. pero non é común só a todos os 'españoles', tamén o é para outra moita xente que non ten nin sequera que saber onde está españa.
todas as linguas do estado son igualmente españolas e merecedoras de protección institucional como patrimonio compartido... totalmente dacordo.
..., pero só unha delas é común a todos, oficial en todo o territorio nacional e polo tanto só unha delas -o castelán- goza do deber constitucional de ser coñecida e da presunción consecuente de que todos a coñecen... non o entendo. só unha ten o deber constitucional de ser coñecida? se todas son igualmente españolas porque non teñen todas os mesmos dereitos e deberes? e non será que se está plantexando que todos somos iguais pero uns somos máis iguais que outros?
contar cunha lingua política común é unha enorme riqueza para a democracia, aínda máis se se trata dunha lingua de tanto arraigo histórico en todo o país e de tanta vixencia no mundo enteiro como o castelán... e contar con varios idiomas non é unha riqueza tanto cultural como política? non é unha riqueza política poder comunicarse con todo o mundo luso?
faiseme difícil seguir con este exercicio. no manifesto fálase de que as persoas teñen o dereito a ser atendidas nas institucións na lingua que prefiran. este dereito non se cumple no meu caso. é moi difícil que me atendan en galego. tamén din que os funcionarios non teñen que saber a lingua que eu emprego, ou sexa, que nin sequera teñen que entenderme?
certamente, o artículo terceiro, apartado 3, da constitución establece que "as distintas modalidades lingüísticas de españa son un patrimonio cultural que será obxecto de especial respeto e protección"... pois isto é o que me gustaría a min. se a constitución española establece que todas as linguas deben ser obxecto de especial respeto e protección, por que non o fai? por que só hai que protexer o castelán? por que deixa en mans de cada comunidade o que teña que facer para protexela en cada lugar? por que non fai da diversidade de linguas unha riqueza cultural de todo o pais? por que se utiliza como confrontación entre territorios e non se promove como un orgullo cultural e político (xa que o enfocan dende o político) de maneira que todos os españois coñezan toda a diversidade que se dá no seu país? por que non se utiliza para unir?
a lingua castelán é común e oficial en todo o territorio nacional, sendo a única cuxa comprensión pode serlle suposta a calquera efecto a todos os cidadáns españois... isto é unha obviedade, e xa ocorre. sen embargo non hai que suporlle que todos os galegos comprendan o galego? non hai que supor que calquera institución en galicia comprenda o galego?
quixera que me dixeran dunha sóa persoa en españa que non entenda o castelán. iso significaría que non le, non ve a televisión, non se relaciona con ninguén... e xa sería outro problema, sería un problema social desa persoa.
é curioso como fan o mesmo que critican. non queren que a lingua sexa utilizado como algo político e de confrontación e póñense exactamente no lugar contrario.
o meu punto de vista é facer de todas as linguas de españa un ben cultural común a todos os españois. é unha riqueza de españa que se nega sistematicamente.
un 'verdadeiro' español debería coñecer todos os idiomas españois. iso é o que se debería perseguir.
no fondo é algo que xa recoñecen, cando falan de castelán como idioma común, e cando din que todas as linguas son igualmente españolas. mais despois poñen por riba unha soa.
eu non estou en contra do castelán, do español, non, gústame moito. tamén me gusta o galego (e o portugués, e o francés, e o inglés...) e sendo oficial o galego en galicia, non se cumplen os meus dereitos como galegofalante. neste senso asociacións como galicia bilingüe e este manifesto non podo consideralas máis que un insulto.
cavilado por
lúa
ás
12:06 PM
1 comentarios
vínculos a esta entrada

un pequeno libriño chega ás miñas mans. é apnea, de roberto salgueiro, unha desas obras que se quedan revoloteando durante moito tempo na cabeza, no pensamento. chea de poesía e dun gusto que se paladea sen saber moi ben por que.
apnea. editorial baía edicións.
ten como dedicatoria: para todos aqueles que compartiron a emoción de poñer en pé esta obra, e a todos aqueles que compartiron a emoción de vela nos teatros.
o reparto aparece como:
home que salta a comba
bailarina
boneca do xviii francés, preciosa e esbranquecida
home do xix, con paraugas aberto
pai
o título interior é: apnea, traxedia contemporánea para cinco intérpretes. libreto coreográfico nº1.
en apenas 50 pequenas páxinas desenrólase unha preciosa poética e imaxinativa traxedia, coa guerra como fondo. pódense adiviñar a guerra civil e a mundial, pero quédase a idea de que pode ser calquera guerra inútil e inhumana. unha búsqueda da memoria para que non se repita o pasado infame.
unha grande, moi grande obra de teatro, precisamente porque non se pode falar dela. hai que lela, que ir vela, hai representala, interpretala.
quedo prendada desta apnea.
chama a atención o título por sonoro, e chama a atención que sexa unha 'traxedia contemporánea para cinco intérpretes' cando son seis as personaxes. será que un é unha moneca? será que un está morto? será que un non existe? por que?
por que? esa é a gran pregunta sen resposta de onde xorde o teatro.
_____
descubro outra apnea. un poema dramático con cinco acotacións. é anterior o poema ao teatro. por iso a obra de teatro é tan poética.
cavilado por
lúa
ás
9:02 AM
1 comentarios
vínculos a esta entrada
cavilado por
lúa
ás
11:24 AM
0
comentarios
vínculos a esta entrada
hoxe atopei, non sei como, unha traducción dun texto deixado aquí. deixoume moi sorprendida atoparme con esta cita.
recollo e contesto pondo a imaxe que escolleu para ilustrar o texto.

cavilado por
lúa
ás
1:01 PM
1 comentarios
vínculos a esta entrada
pois pasouseme por completo a edición deste ano do premio de teatro radiofónico. nin souben da convocatoria, nin escoitei ningunha obra, nin votei, nin nada de nada. debe ser que ando desconectada da internet, da radio, do mundo...
e xa hai gañadores: o mal da vaca, de begoña garcía, gañou o premio do xurado e saltimbanqui, de lois pérez, gañou o premio do público.
os outros dous finalistas foron ola silvia, estás aí?, de fátima rodríguez, e último capítulo, de roi vidal.
pódense escoitar todos na páxina da radio galega.
haberá que escoitalos agora e tratar de mercar o libro que editará xerais. cousa que me parece ben complicada porque aínda ando procurando o do ano pasado. para que se edita un libro se despois non se vende?
tal vez me quede con esta faceta teatreira. só. non sei. será o momento de recuperar o gusto pola lectura teatral.
ultimamente non me aparecen ideas para escribir neste blog. quizáis deixara de ter sentido para min pousar palabras na internet... quizáis...
cavilado por
lúa
ás
11:01 AM
3
comentarios
vínculos a esta entrada
temas: begoña garcía, lois pérez, premio diario cultural, teatro en galego
non ando eu moi faladora ultimamente.
e sigo sen estalo. só unhas contas para aclarar como é a lei electoral.
P.S.O.E. 11.064.524 votos 43,64% 169 escanos
P.P. 10.169.973 votos 40,11% 153 escanos
CiU 774.317 votos 3,05% 11 escanos
EAJ-PNV 303.246 votos 1,20% 6 escanos
ERC 296.473 votos 1,17% 3 escanos
I.U. 963.040 votos 3,80% 2 escanos
B.N.G. 209.042 votos 0,82% 2 escanos
CC-PNC 164.255 votos 0,65% 2 escanos
UPyD 303.535 votos 1,20% 1 escanos
NA-BAI 62.073 votos 0,24% 1 escanos
entón calculo cantos votos son necesarios para obter un escano:
P.S.O.E 11.064.524/169 = 65.470,56
P.P. 10.169.973/153 = 66.470,41
CiU 774.317/11 = 70.390,45
EAJ-PNV 303.246/6 = 50.541
ERC 296.473/3 = 98.824,33
I.U. 963.040/2 = 481.520
B.N.G. 209.042/2 = 104.521
CC-PNC 164.255/2 = 82.127,5
UPyD 303.535/1 = 303.535
NA-BAI 62.073/1 = 62.073
e tamén calculo cantos escanos debera ter cada partido en función da porcentaxe de votos que obtivo. en total son 350 escanos.
P.S.O.E 43,64% de 350 = 152 (,74)
P.P. 40,11% de 350 = 140 (,39)
CiU 3,05% de 350 = 10 (,68)
EAJ-PNV 1,20% de 350 = 4 (,2)
ERC 1,17% de 350 = 4 (,1)
I.U. 3,80% de 350 = 13 (,3)
B.N.G. 0,82% de 350 = 2 (,87)
CC-PNC 0,65% de 350 = 2 (,28)
UPyD 1,20% de 350 = 4 (,2)
NA-BAI 0,24% de 350 = 0 (,84)
quen se beneficia da lei electoral?
aínda así quedarían 19 escaños por repartir. aínda que se repartisen, beneficiando ao bipartidismo e aos dous partidos que claramente teñen un apoio maioritario sumando un 83,75% de todo o electorado, o reparto actual aínda os beneficia máis.
entendo que IU, ou incluso UPyD, estean molestas coa lei electoral. non entendo que ninguén do PP ou do PSOE se queixe da lei electoral.
cavilado por
lúa
ás
11:47 AM
6
comentarios
vínculos a esta entrada
cavilado por
lúa
ás
11:23 AM
0
comentarios
vínculos a esta entrada

cavilado por
lúa
ás
4:14 PM
1 comentarios
vínculos a esta entrada
a miña predicción: o pp vai gañar as eleccións.
e aínda que isto non significa que poderá gobernar, será moi raro que non o faga. os apoios sempre foron para o máis votado.
aínda que o pp muda o discurso. antes dicía que tería que gobernar o partido máis votado. agora di que o que consiga máis deputados. parece ser que existe a posibilidade de ter menos votos e máis deputados, gracias á lei d´hont que ninguén cambiará porque beneficia precisamente a quen ten a posibilidade de cambiala.
e muda o discurso tamén con respecto a toda a lexislatura. tocoulles a lotería coa custa de xaneiro. non contaban co repunte dos precios, non souberon predecir este "fallo" económico, pois estarían dende hai meses dando a matraca coa economía. non deben ser moito mellores que o psoe neste sentido, aínda que estea "pre"establecido que a dereita administra mellor os cartos (mostra de facer verdade unha frase a base de repetir e repetir).
e digo que gañarán as eleccións porque á xente sabe o que lle importa. e aínda que o terrorismo é unha preocupación, éo moito máis o peto de cada un. o pp non contaba con este golpe de sorte, mais está claro que o rentabilizarán.
terrorismo, 11-m, manifestación pola familia, en contra dos homosexuais, en fin, en contra de todas as medidas sociais do goberno do psoe. mais resulta irónico que non contemplan no seu programa ningunha modificación de todo o que levan criticado (aínda que xa se verá cando fagan o seu programa electoral. e xa se comprobará se chegan ao goberno).
resultan hipócritas. moi hipócritas.
non é que me preocupe demasiado, porque a alternativa, o psoe, tampouco parece que sexan demasiado espabilados.
así están as cousas. gañará un partido que non terá a maioría dos votos, pero será o que consiga a victoria. ou sexa, o poder. onde se supón que tería que haber un sistema mulpartidista só hai bipartidismo. unha falta de respeto para o resto de partidos políticos, que non contan, que non cortan bacallau ningún. só gañará un de dous.
o único que me gusta é que ningún ten previsto conseguir ningunha maioría absoluta, e que podería darse o caso, por primeira vez, no que non goberne o máis votado... aínda que o dubido, xa digo.
o único que me pesa é que sexa contaxioso e sexa un empurrón para que o pp consiga de novo o poder absoluto na xunta de galicia. que non é que me guste este bigoberno actual, máis non soportaría a fachenda de núñez feijoo e compañía.
por outro lado está a suposta crítica de el pais, a ser, o grupo prisa en definitiva, ao goberno de zapatero. non é máis que unha campaña de márketing dunha empresa privada. o grupo prisa obtén máis beneficios co psoe na oposición. vende máis. ao mellor estaría ben que gañase o pp, igual lle resta audiencia a losantos. igual 'federico' ten que cambiar a estratexia e criticar aos criticóns.
a verdade, a verdade... é que non me surprendería nada.
neste mundo desinformado por tanta información todo é posible.
cavilado por
lúa
ás
11:11 AM
1 comentarios
vínculos a esta entrada
non entendo moi ben o do eixo. déronlle unha tunda a uns policias. pois terán que responder polas súas accións. parece que se está pedindo igualdade de trato, pois non se condenou a outros policias por outra tunda. e non será que haberá que pedir igualdade de trato pedindo que os policias vaian á cadea? ou estou moi perdida ou o mundo volveuse tolo.
(nota do 5-12-2007: como realmente andaba perdida púxenme a procurar información. no blog dos tres do eixo, pódese ter información dabondo. tamén hai un seguimento informativo de todo o proceso. haberá, pois, que ler todo para ter unha boa opinión.)
para levar a contraria: paréceme que a cidade da cultura é un grande proxecto. paréceme que é moi interesante. máis ben pareceríamo se tivese contido. pero todo é porllo. penso que non debe ser difícil porlle contido nunha terra onde hai tantas cousas por facer. de nada vale criticar por criticar por ser unha idea dos denostados populares, unha ilusión do que quixo pasar a historia como fraga o grande. o proxecto é criticable, pero non escoitei por ningún sitio o feito de que sexa pensado para compostela. de verdade necesita compostela este proxecto? para que? para que veñan máis turistas? non ten suficiente tirón turístico xa? necesítao galicia? pode ser. pero por que en compostela? non é máis que unha visión centralista. igual que se lle criticaría a madrid. por outro lado está lapidando o presuposto de cultura. pero por que? porque se chama cidade da cultura? e mentras tanto, crítica vai, crítica ven, e os millón vanse.
di o pp que lles está ben ao goberno bipartito porque sementaron a protesta ciudadana cando foi o do prestige. e claro que lles está ben. o pp non fai outra cousa que demostrar como quere á xente: obediente e asoballada. hai moitas cousas que non me gustan deste bigoberno, no que cada un vai por libre. mais está moi ben que vexan que non era todo chegar e bicar ao santo. é realmente máis difícil. a xente tamén é máis crítica agora. aí é onde están os raios de optimismo que logro ver ao fin do túnel. non é que os políticos sexan mellores, é que nós, como ciudadanía, somos máis esixentes. espero que dure e que madure.
a monarquía ten sentido? parece que andan nerviosos. souberon sempre moi ben onde están situados. reinará felipe? espero que non. espero máis erros verborreicos do rei. graciñas. moitas gracias. éche ben complicado. se demostras poder, perdes apoio popular, se demostras que es un home da rúa, entón por que es ti o rei? paréceme que non quedan argumentos para os monárquicos.
da igual o que faga o goberno, o pp bótalle a culpa a zapatero. ten a culpa por defender a aznar! a verborrea esquizoide dos dous partidos maioritarios fai que todo se convirta nun 'eu máis e ti menos'. o poder está por riba da construcción dun país. a mediocridade é tamén culpa nosa. os mediocres somos nós. se botamos as responsabilidades fóra, o capital gaña a batalla e os políticos son todos iguais. na era da información, a desinformación éncheo todo. a democracia, onde está?
chávez perde o referendum. por que? fixo unha consulta popular e dixeron que non. unha reforma que fala das persoas, na que só, e por riba de todo, se critica que poida ser re-elixido as veces que faga falta. como en case toda europa. se só se critica isto, eu penso que non haberá nada más grave. será que é unha boa constitución?
na constitución europea, aquela que tamén se votou no seu momento e que agora nada se sabe dela, falábase de capitais. foi votada, e non saiu. agora andan a reformala sen votacións. onde está a democracia?
putin gaña con moito descaro. non se sabe nada da situación nin do manexo do seu poder. debe ser máis importante para españa venezuela que rusia. ou é que rusia está seguindo as regras capitalistas e non hai que facer ningún tipo de campaña?
todo, todo, todo está polarizado. só as ideas do 'meu' bando son as boas. o meu bando non se equivoca nunca. o 'teu' non fai nada bó. as túas ideas non son nunca boas. estades completamente equivocados. paréceme que se está a perder liberdade, porque deixamos que pensen por nós.
iso si, eu agora penso que son libre por poder dicir todas estas tonterías.
cavilado por
lúa
ás
12:54 PM
4
comentarios
vínculos a esta entrada
cabrafanada danos a coñecer este interesentísimo documental:
estou segura de que lle vai gustar ao viajante. cando vin o documental pensei inmediatamente en ti. :)
cavilado por
lúa
ás
10:18 PM
3
comentarios
vínculos a esta entrada

aquí me tes.
son túa.
desfruta facéndome gozar. entrelaza o teu corpo no meu e confundámonos.
agora tócache a ti. home. muller. dime que queres que che faga. onde. envíame a imaxe desa parte do teu corpo que desexas que eu estimule...
cavilado por
lúa
ás
3:57 AM
20
comentarios
vínculos a esta entrada
xírame.
mírame.
non procures os meus beizos. achégate a eles pero pon os teus dentes no meu queixo.
baixa.
lento. a modo. despacio. non te guíes polos meus desexos, polos meus impulsos.
aquí é onde podes facer que me dilúa.
tes fame?
cavilado por
lúa
ás
6:21 AM
3
comentarios
vínculos a esta entrada
trepa, vai escalando polo meu corpo e fai que sinta o teu peso.
estou quieta, agora quero tocarte eu, mais estou quieta.
non deixes un só milímetro da pel sen o seu calafrío.
cavilado por
lúa
ás
7:04 PM
3
comentarios
vínculos a esta entrada
...
...
...
fálame baixiño. susúrrame. dúrmeme.
non me fagas caso.
a que esperas?
non me toques, non me mires, non te achegues. deixa que durma, que soñe...
pero sobre todo, non me fagas caso.
a que esperas?
cando te vas dar conta? cando te decidirás? non ves que estou aquí...só...para ti?
non espero máis, a que esperas?
...
...
...
...
cavilado por
lúa
ás
6:12 PM
1 comentarios
vínculos a esta entrada
quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa plataforma de veciños do cruceiro de meá (mugardos), pechados no casa do concello de mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante deste país ou de calquera outro ten o dereito a que non lle estraguen a paisaxe e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silencionsa dun perigo terríbel.
quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.
quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que no pasado se cometeron ao localizar empresas en sitios inaxeitados e que ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, de nós ou doutros pobos.
quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en punta promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala desta maneira.
quen asinamos temos a esperanza de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, outros tomen nota, compartan e nos ensinen e aprendan desta loita que ante todo é xusta e fraternal.
asina deixando un comentario ou réplica. emprega o que prefiras (nome, alcume ou sitio web) e escribe o que desexes:
cavilado por
lúa
ás
3:52 PM
0
comentarios
vínculos a esta entrada
ocorréuseme visitar cada muller deste album e saber quen era cada unha.
non sei se todas pasarán por aquí. non sei en que orde. non sei...
(procurando novos camiños)
cavilado por
lúa
ás
1:13 PM
0
comentarios
vínculos a esta entrada
procurando imaxes para outras cousas, ás veces, atópanse verdadeiras xoias.
neste caso é o proxecto gañador dun concurso creativo do pasado ano 2006.
pódese descargar seguindo o enlace de cada imaxe. (e que se calendario xa está caducado?).
as mulleres están feitas con tipografía. cada mes unha tipografía distinta.![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
cavilado por
lúa
ás
12:58 PM
0
comentarios
vínculos a esta entrada
decálogo das persoas libro:
xa ando na procura no libro que estea no meu interior, do libro do que serei as pastas, a capa. un libro para deixar escapar dos teus beizos cando che abran a mirada.
estas son as propostas que lle fan escapar a unha da realidade tan insulsa.
graciñas, alicia crece, brétemas, libreros, e sobre todo, claro está, ao proyecto fahrenheit 451.
cavilado por
lúa
ás
6:03 PM
0
comentarios
vínculos a esta entrada
pensaba en escribir algo sobre o himno galego.
e entón podería falar da estupidez humana. ou incluso da hipocresía política. tamén podería mencionar a fartura do pensamento de símbolos. e podería incluir algo sobre os problemas que nos preocupan de verdade e os que 'parece' que nos preocupan. e o 'parece' semella ser máis importante.
pensaba en escribir sobre reganosa.
e entón podería falar da estupidez humana. ou incluso da hipocresía política. tamén podería mencionar o atropelo do capital sobre os homes e as mulleres. e podería incluir o cabreo que lle pode entrar a calquera cando se entera que a foto que enviou reganosa a bruxelas non levaba as casas que están xusto ao lado. vivir rodeados por unha planta de gas, tanto por dicir.
pensaba en escribir algo...
pensaba...
cavilado por
lúa
ás
12:21 PM
0
comentarios
vínculos a esta entrada
| a lúa agora fases lunares |
